Volver

Cursos oficiales

Cursos de Monitores de Actividades de Tempo Libre

PREZO: Variable, en función da modalidade (ver

calendarios cursos)

MODALIDADE: Presencial. Pode ser:
Extensivo: en fins de semana.
Intensivo: en réxime campamental.

Diarío de Lunes a Viernes con un Fin de Semana, en regimen de campamento. 


En fins de semana e diaríos, o prezo inclúe:

Material comunitario, de actividades e obradoiros, manual e documentación, formadores; transporte dende Vigo, ida e volta ó lugar da acampada e das saídas; alimentación na acampada, tendas de campaña e o material necesario; seguemento das prácticas, orientación na elaboración da memoria, e tramitación do título; seguro de R.C. 


No verán, o prezo inclúe:

Pensión completa; material comunitario, de actividades e obradoiros, manual e documentación, formadores; aloxamento en tendas de campaña, servizos e duchas de auga quente; transporte dende Vigo, ida e volta; seguemento das prácticas, orientación na elaboración da memoria, e tramitación do título; seguro de R.C.


DURACIÓN: 350 h., divididas en dúas fases:

Fase teórico-prácticas: 200 h.

Fase de prácticas: 150 h.


DESTINATARIOS:

Traballadores Sociais, Educadores Sociais, Integradores Sociais, Psicólogos, Pedagogos, Psicopedagogos, Animadores Socioculturais, Profesores de primaria, Monitores de Ludoteca, Monitores de Discapacitados, Técnicos de Xuventude, Técnicos en Xardín de Infancia, Orientadores Educativos, Monitores de comedor escolar, Monitores de actividades extraescolares, Animadores e Técnicos Deportivos, Membros de asociacións vinculadas a este eido, e en xeral, toda aquela persoa interesada neste tema.


REQUISITOS:
Ter 18 anos
Estar en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos:
a) Graduado en educación secundaria, graduado escolar ou outro equivalente.
b) Técnico auxiliar en formación profesional ou outro equivalente.

OBXECTIVOS:
- Capacitar ao alumnado para que poida:
a) Detecta-las necesidades de intervención no tempo libre dun grupo reducido de persoas, conectándoo co seu medio.
b) Animar, dinamizar e facilita-lo desenvolvemento dun grupo de persoas.
c) Deseñar, dirixir e executar un obradoiro.
d) Localizar recursos para o desenvolvemento das actividades.
e) Participar nun proxecto de animación xeral, responsabilizándose das tarefas específicas que lle son encomendadas.

TEMARIO OFICIAL DO CURSO DE MONITORES: 

 Área de psicosocioloxía. 
1. Psicoloxía.
1.1. Concepto e campos de aplicación da psicoloxía.
1.2. Psicoloxía evolutiva: estudio das características de cada etapa evolutiva.
1.3. O proceso de socialización. O xogo como elemento socializador.

2. O grupo. Tipoloxía e organización. Dinámica de grupos.
2.1. Roles dun grupo.

2.2. Características fundamentais dos grupos infantís e xuvenís.

2.3. Liderado.
2.4. Técnicas de animación de grupos.
2.5. Técnicas de resolución de conflictos.
2.6. O traballo en equipo.

3. Socioloxía.
3.1. Lecer e tempo libre: características, funcións e modalidades.
3.2. Dimensión no ámbito vital da persoa nas súas diferentes etapas evolutivas.
3.3. Aproximación ó estudio do medio social galego. O medio urbano. O medio rural. Características e posibilidades de actuación.
3.3.1. Educación no tempo libre e inserción na cultura de Galicia.
3.3.2. Coñecementos culturais, xeográficos, folclóricos, socio-políticos e económicos de Galicia.
3.4. Importancia da prevención e asistencia primaria: intervención desde o tempo libre.

Área de educación e tempo libre: metodoloxía educativa.
1. A educación no tempo libre.
2. Conceptos fundamentais da pedagoxía.
3. Necesidades educativas especiais no tempo libre. Inadaptación e marxinación.
4. Bases do proxecto formativo. Principios educativos.
5. Educación de valores.
6. Metodoloxía e programación. Fases na elaboración do programa.
7. O xogo como instrumento didáctico na educación no tempo libre.
8. O educador/a de tempo libre: aspectos psicolóxicos, sociolóxicos e pedagóxicos.
9. A colaboración na escola.

Área de animación. As técnicas. 
1. A animación: concepto e uso da animación no tempo libre.
2. O xogo. Tipoloxía de xogos.
3. Seráns e lumes de acampada.
4. Introducción ás técnicas de expresión e comunicación.
4.1. Expresión literaria.
4.2. Expresión musical.
4.3. Expresión dramática: corporal e oral.
4.4. Expresión plástica.
4.5. Medios audiovisuais.
4.6. Animación deportiva.

Área de educación ambiental e natureza.
1. Introducción á educación ambiental.
1.1. O concepto de medio e natureza.
1.2. Problemática e alternativas.
1.3. Medio e natureza en Galicia.
1.4. Bases para o estudio de itinerarios nos ecosistemas galegos, con especial atención ós propios dos itinerarios elixidos para o curso. Utilización didáctica deles.
1.5. Os itinerarios de interpretación ambiental na práctica.
1.6. Xogos de educación ambiental.
2. Técnicas de campismo e excursionismo.
2.1. A marcha.
2.2. Orientación. Xogos de orientación.
2.3. Introducción á meteoroloxía.
2.4. Topografía e cartografía.
2.5. Técnicas de acampada.

Área de educación para a saúde. 
1. A hixiene e a sanidade nas actividades de tempo libre.
2. Aspectos sanitarios nas actividades de tempo libre.
3. Prevención das drogodependencias.
4. Socorrismo e primeiros auxilios.
5. Alimentación e nutrición.
6. Sexualidade.
7. Seguridade e hixiene.

Área de organización e recursos. 
1. Lexislación.
1.1. As escolas e titulacións de tempo libre.
1.2. Responsabilidade civil do monitor. Seguros.
1.3. Asociacionismo xuvenil.
1.3.1. Constitución e legalización.
1.3.2. Estatutos.
1.3.3. Tipos de asociacións e rexistros.
2. Recursos e axudas.
2.1. Recursos e axudas públicas. Subvencións, convenios e protocolos: tipos e tramitación.
2.2. Recursos e axudas privadas.
2.3. Recursos socioculturais: patrimonio histórico-etnolóxico, artístico-folclórico.
3. Redes de información xuvenil.
3.1. Centros e puntos de información.
3.2. Revistas, boletíns e publicacións.
3.3. O informador xuvenil (características, formación).
3.4. Dinamización da información.

Volver